Poema titulado a fonte en la sección LA TORRE DE BABEL , de la categoría Tu Mundo Literario :: Publicar Poesía en VERSO; Esa fonte que hai no outeiro
pretiño da miña casa,
esa fonte está soíña
que ninguén vai visitala.
Nacía nela, ...
Esa fonte que hai no outeiro pretiño da miña casa, esa fonte está soíña que ninguén vai visitala. Nacía nela, fresquiña, unha auga limpa e ben clara, unha auguiña que eu bebía sen sede, só por probala e senti-la súa vida correndo pola garganta.
Esa fonte que hai no outeiro pretiño da miña casa.
As risas dunhas mulleres que de xeonllos estaban ó pé dos seus lavadoiros torcendo roupa mollada chegan ó meu pensamento, veñen soas, sen chamalas, cunhas baldetas ben cheas que na cabeza levaban, andando polo carreiro, ergueita a súa mirada, foron á fonte primeiro e volven da fonte á casa.
Esa fonte que hai no outeiro, que por ela xa non pasan lavadoiros de madeira que unhas mulleres levaban nin mociños calorosos que nela se refrescaban, esa fonte que hai no outeiro xa non ten auguiña clara e as herbas do monte bravo déixana toda atoada, acóchana dos meus ollos, alónganma da mirada.
Fentos, silvas e carqueixas, piornos, toxos e xestas enceréllanse hoxe nela, aínda que moito medren non poderei esquecela.
Última edición por PITEIRA; 07/09/2009 a las 11:10 Razón: tamaño de la letra
Los poetas inventan, pero no mienten jamás
Piteira.
Hay que recordos trouxeches
amigo a miña lembranza
eu tamen teño unha fonte
que xa non podo mirala
por ela corria a auga
mais fresca que eu recordara
foi a auga mas sabrosa
que na miña boca entrara
a fonte dos mouros era
o nome que eu lle chamaba
por que viaxaba por coba
que o monte atravesara
e salia asi fresquiña
hay, quen me dera probala.
Hay! que recordos trouxeches..
amigo a miña lembranza.
Última edición por Alba clara; 30/03/2009 a las 04:04
Hay que recordos trouxeches
amigo a miña lembranza
eu tamen teño unha fonte
que xa non podo mirala
por ela corria a auga
mais fresca que eu recordara
foi a auga mas sabrosa
que na miña boca entrara
a fonte dos mouros era
o nome que eu lle chamaba
por que viaxaba por coba
que o monte atravesara
e salia asi fresquiña
hay, quen me dera probala.
Hay! que recordos trouxeches..
amigo a miña lembranza.
Bonita resposta deixas
o meu modesto poema,
eo douche as graciñas, Alba,
e con ledicia me quedo.
Los poetas inventan, pero no mienten jamás
Piteira.
Esa fonte que hai no outeiro pretiño da miña casa, esa fonte está soíña que ninguén vai visitala. Nacía nela, fresquiña, unha auga limpa e ben clara, unha auguiña que eu bebía sen sede, só por probala e senti-la súa vida correndo pola garganta.
Esa fonte que hai no outeiro pretiño da miña casa.
As risas dunhas mulleres que de xeonllos estaban ó pé dos seus lavadoiros torcendo roupa mollada chegan ó meu pensamento, veñen soas, sen chamalas, cunhas baldetas ben cheas que na cabeza levaban, andando polo carreiro, ergueita a súa mirada, foron á fonte primeiro e volven da fonte á casa.
Esa fonte que hai no outeiro, que por ela xa non pasan lavadoiros de madeira que unhas mulleres levaban nin mociños calorosos que nela se refrescaban, esa fonte que hai no outeiro xa non ten auguiña clara e as herbas do monte bravo déixana toda atoada, acóchana dos meus ollos, alónganma da mirada.
Fentos, silvas e carqueixas, piornos, toxos e xestas enceréllanse hoxe nela, aínda que moito medren non poderei esquecela.
Case me fas chorar. Lémbrame a fontiña que aínda hai na miña aldea e outra que hai no Porto Eguas, un pouco máis abaixo, á que ía coa miña tía avoa de pequena lavar a roupa.
Por desgraza, case todas as fontiñas e lavadoiros quedan desertos e, creme, párteseme a alma.
Sinxela forma de traer á lembranza o que foi e non é, porque foi esmorecendo por falta de...
O galego é tan sonoro que semella que a auga esvara polos dedos ao ler o que escribes. Prabéns, amigo Xosé.

Moitas grazas amiga Meninha. A ledicia e moita vendo o teo comentario.
Un abrazo.
Xosé.
Los poetas inventan, pero no mienten jamás
Piteira.
Esa fuente de la que tan bellamente hablas con una poesía exquisita y unos versos bucólicos virgilianos; esa fuente es la que haga que diga TE ESTRELLO

Muchísimas gracias, Jop. Es un honor tenerte por miscosas...
Un abrazo, amigo.

Marcadores