Poema titulado Agradecemento da tua parroquia en la sección LA TORRE DE BABEL , de la categoría Tu Mundo Literario :: Publicar Poesía en VERSO; AGRADECEMENTO DA TUA PARROQUIA Nesta parroquia eu nacín, ti ministro de Deus fuches e sacramentos recibín, porque ti os impartiches. ...










Agradecemento da tua parroquia
AGRADECEMENTO DA TUA PARROQUIA
Nesta parroquia eu nacín,
ti ministro de Deus fuches
e sacramentos recibín,
porque ti os impartiches.
Na miña igrexa parroquial,
na cal con nos practicaches,
e na sua pila bautismal,
a un por un, nos mollaches.
Cando o templo me acheguei,
sempre alí,ti me esperaches
¡ e co tempo tamén medrei!,
cando casei,me casaches,
a miña unión bendiciches,
meu espírito consagraches,
diante Deus intercediches
e os meus fillos bautizaches.
Os mais vellos confortaches,
sacramentos impuxeches,
e os meus mortos enterraches
e na igrexa ti quixeches.
Co teu pobo comungaches
e na fe os mantiveches,
en procesión os sacaches,
e a bendición ti nos deches.
A todos lle predicaches
dende o Evanxeo bendito
o libro que ti estudaches,
onde todo está escrito.
Por todo o que nos deches,
polos anos compartidos,
polo que por nos sentiches,
estamos agradecidos,
estamos porque queremos
todos xuntos e unidos,
e con isto agradecervos,
os servizos impartidos.
Por iso dende este papel
que non é un pergamiño,
moitas grazas Don Manuel,
e moitas Don Bernardino.
Ramón L. Souto
Última edición por RONLIS; 09/10/2011 a las 16:01 Razón: Homenaje de despedida a D.Manuel Castro y D. Bernardino, párrocos de Arzúa
Re: Agradecemento da tua parroquia Ilusionoume este poema escrito na miña lingua, que por desgracia, pouco estudei. E mais ainda o contido de agradecemento aos bos curas da tua parroquia.
Benvido a este foro.
Unha; agarimosa aperta.
Castro.










Re: Agradecemento da tua parroquia Grazas Castro pola tua interese nos meus versos,este poema foi adicado os curas da parroquia na homenxe que lle fixo o pobo de Arzúa. Celebro que che guste e ainda celebro mais que os galegos se interesen nos meus poemas.
Invitote a que vexas tamen " Adeus a Galicia" ou " Adeus a miña terra", están escritos nun estilo mais libre e o mellor faltalle un poco de ritmo, pero o que si teñen e contido.
Un Fraternal abrazo dende este curruncho que nos une.
Marcadores