1. Invitado, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Cerrar notificación

a fonte

Tema en 'La Torre de Babel' comenzado por PITEIRA, 29 de Marzo de 2009. Respuestas: 8 | Visitas: 1725

  1. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Esa fonte que hai no outeiro
    pretiño da miña casa,
    esa fonte está soíña
    que ninguén vai visitala.
    Nacía nela, fresquiña,
    unha auga limpa e ben clara,
    unha auguiña que eu bebía
    sen sede, só por probala
    e senti-la súa vida
    correndo pola garganta.

    Esa fonte que hai no outeiro
    pretiño da miña casa.

    As risas dunhas mulleres
    que de xeonllos estaban
    ó pé dos seus lavadoiros
    torcendo roupa mollada
    chegan ó meu pensamento,
    veñen soas, sen chamalas,
    cunhas baldetas ben cheas
    [SIZE=3]que na cabeza levaban,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]andando polo carreiro,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]ergueita a súa mirada,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]foron á fonte primeiro[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]e volven da fonte á casa.[/SIZE]

    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]Esa fonte que hai no outeiro,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]que por ela xa non pasan[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]lavadoiros de madeira[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]que unhas mulleres levaban[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]nin mociños calorosos[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]que nela se refrescaban,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]esa fonte que hai no outeiro[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]xa non ten auguiña clara[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]e as herbas do monte bravo[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]déixana toda atoada,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]acóchana dos meus ollos,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]alónganma da mirada.[/SIZE]

    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]Fentos, silvas e carqueixas,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]piornos, toxos e xestas[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]enceréllanse hoxe nela,[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]aínda que moito medren[/SIZE]
    [FONT=Comic Sans MS][SIZE=3]non poderei esquecela.[/SIZE][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT]
     
    #1
    Última modificación: 7 de Septiembre de 2009
  2. Alba clara

    Alba clara Poeta adicto al portal

    Se incorporó:
    30 de Mayo de 2008
    Mensajes:
    1.434
    Me gusta recibidos:
    73
    Hay que recordos trouxeches
    amigo a miña lembranza
    eu tamen teño unha fonte
    que xa non podo mirala
    por ela corria a auga
    mais fresca que eu recordara
    foi a auga mas sabrosa
    que na miña boca entrara
    a fonte dos mouros era
    o nome que eu lle chamaba
    por que viaxaba por coba
    que o monte atravesara
    e salia asi fresquiña
    hay, quen me dera probala.
    Hay! que recordos trouxeches..
    amigo a miña lembranza.
     
    #2
    Última modificación: 30 de Marzo de 2009
  3. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Bonita resposta deixas
    o meu modesto poema,
    eo douche as graciñas, Alba,
    e con ledicia me quedo.
     
    #3
  4. Meninha60

    Meninha60 Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    10 de Agosto de 2009
    Mensajes:
    49
    Me gusta recibidos:
    4
    [FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS][FONT=Comic Sans MS]

    Case me fas chorar. Lémbrame a fontiña que aínda hai na miña aldea e outra que hai no Porto Eguas, un pouco máis abaixo, á que ía coa miña tía avoa de pequena lavar a roupa.
    Por desgraza, case todas as fontiñas e lavadoiros quedan desertos e, creme, párteseme a alma.
    Sinxela forma de traer á lembranza o que foi e non é, porque foi esmorecendo por falta de...
    O galego é tan sonoro que semella que a auga esvara polos dedos ao ler o que escribes. Prabéns, amigo Xosé.[/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font]
     
    #4
  5. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Moitas grazas amiga Meninha. A ledicia e moita vendo o teo comentario.
    Un abrazo.
    Xosé.
     
    #5
  6. JOP PIOBB

    JOP PIOBB Exp..

    Se incorporó:
    28 de Noviembre de 2008
    Mensajes:
    4.329
    Me gusta recibidos:
    41
    Esa fuente de la que tan bellamente hablas con una poesía exquisita y unos versos bucólicos virgilianos; esa fuente es la que haga que diga TE ESTRELLO
     
    #6
  7. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Muchísimas gracias, Jop. Es un honor tenerte por miscosas...
    Un abrazo, amigo.
     
    #7
  8. Angel Felibre

    Angel Felibre Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    29 de Noviembre de 2009
    Mensajes:
    3.502
    Me gusta recibidos:
    91
    Uno tras otro sin descanso seguiré con tu lectura.
     
    #8
  9. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Muchísimas gracias, amigo Ángel.
     
    #9

Comparte esta página