1. Guest, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Dismiss Notice

Se puidese...

Discussion in 'La Torre de Babel' started by Meninha60, Sep 7, 2009. Replies: 2 | Views: 1038

  1. Meninha60

    Meninha60 Poeta recién llegado

    Joined:
    Aug 10, 2009
    Messages:
    49
    Likes Received:
    4
    SE PUIDESE

    Se puidese ser formiga
    que vivise en soterrado,
    iría facendo un camiño,
    paseniño, sen descanso,
    da miña casa á túa
    e, entrando polo recanto
    desa porta, sempre aberta,
    chegaría ata o armario
    onde, cada noite, encerras
    o que sentes, cun cadeado.
    E por baixo da túa cama
    faría un niño dourado
    cos fíos que o teu ollar
    vai deixando espallados.

    Se puidese ser melriña
    de doce e fino asubío
    ao solpor, mentres repousas,
    cantaríache ao oído
    unha tenra melodía
    [FONT=Arial]que che lembrase o sentido
    [FONT=Arial]que ten a vida sen ti
    [FONT=Arial]para este corazón ferido,
    [FONT=Arial]que suspira, xeme e chora
    [FONT=Arial]soamente por un bico,
    [FONT=Arial]soamente por que lle digas
    [FONT=Arial]que o queres un pouquiño.

    [FONT=Arial]Pero eu non son un paxaro
    [FONT=Arial]de doce e fino asubiar,
    [FONT=Arial]nin son formiga que poida
    [FONT=Arial]tanto camiño andar.
    [FONT=Arial]quedarei nesta gaiola
    [FONT=Arial]de madeira e de cristal,
    [FONT=Arial]agardando que algún día
    [FONT=Arial]ti desexes rachar
    [FONT=Arial]as cadeas que me prenden
    [FONT=Arial]a esta vida e, sen máis,
    [FONT=Arial]me mates xa dunha vez...

    [FONT=Arial]Quero durmir en paz.[/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT]
     
    #1
    PITEIRA and (deleted member) like this.
  2. JOP PIOBB

    JOP PIOBB Exp..

    Joined:
    Nov 28, 2008
    Messages:
    4,329
    Likes Received:
    41
    MUY BUEN POEMA. Te estrello
     
    #2
  3. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Joined:
    Mar 15, 2009
    Messages:
    3,877
    Likes Received:
    248
    [FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial]
    Quedei encantado cos teus versos.
    Atopei un poema en galego que me gustou de verdade.
    Mándoche para esta poesia toda-las miñas estrelas.
    Un saudo.
    Xosé.

    Gustaríame que pasaras por este poema e me comentaras que che pareceo.
    [URL]http://www.mundopoesia.com/foros/la-torre-de-babel/206878-a-fonte.html#post2089078[/URL]
    Quedoche moi agradecido de antemao. Un bico.[/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font]
     
    #3

Share This Page