1. Invitado, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Cerrar notificación

Agradecemento da tua parroquia

Tema en 'La Torre de Babel' comenzado por RONLIS, 12 de Septiembre de 2011. Respuestas: 2 | Visitas: 1059

  1. RONLIS

    RONLIS Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    31 de Julio de 2011
    Mensajes:
    286
    Me gusta recibidos:
    73
    Género:
    Hombre
    [​IMG]
    AGRADECEMENTO DA TUA PARROQUIA



    Nesta parroquia eu nacín,
    ti ministro de Deus fuches
    e sacramentos recibín,
    porque ti os impartiches.

    Na miña igrexa parroquial,
    na cal con nos practicaches,
    e na sua pila bautismal,
    a un por un, nos mollaches.

    Cando o templo me acheguei,
    sempre alí,ti me esperaches
    ¡ e co tempo tamén medrei!,
    cando casei,me casaches,

    a miña unión bendiciches,
    meu espírito consagraches,
    diante Deus intercediches
    e os meus fillos bautizaches.

    Os mais vellos confortaches,
    sacramentos impuxeches,
    e os meus mortos enterraches
    e na igrexa ti quixeches.

    Co teu pobo comungaches
    e na fe os mantiveches,
    en procesión os sacaches,
    e a bendición ti nos deches.

    A todos lle predicaches
    dende o Evanxeo bendito
    o libro que ti estudaches,
    onde todo está escrito.

    Por todo o que nos deches,
    polos anos compartidos,
    polo que por nos sentiches,
    estamos agradecidos,

    estamos porque queremos
    todos xuntos e unidos,
    e con isto agradecervos,
    os servizos impartidos.

    Por iso dende este papel
    que non é un pergamiño,
    moitas grazas Don Manuel,
    e moitas Don Bernardino.

    Ramón L. Souto
     
    #1
    Última modificación: 9 de Octubre de 2011
  2. E.Fdez.Castro

    E.Fdez.Castro Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    25 de Abril de 2009
    Mensajes:
    3.458
    Me gusta recibidos:
    2.009
    Género:
    Hombre
    Ilusionoume este poema escrito na miña lingua, que por desgracia, pouco estudei. E mais ainda o contido de agradecemento aos bos curas da tua parroquia.
    Benvido a este foro.
    Unha; agarimosa aperta.
    Castro.
     
    #2
  3. RONLIS

    RONLIS Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    31 de Julio de 2011
    Mensajes:
    286
    Me gusta recibidos:
    73
    Género:
    Hombre
    Grazas Castro pola tua interese nos meus versos,este poema foi adicado os curas da parroquia na homenxe que lle fixo o pobo de Arzúa. Celebro que che guste e ainda celebro mais que os galegos se interesen nos meus poemas.
    Invitote a que vexas tamen " Adeus a Galicia" ou " Adeus a miña terra", están escritos nun estilo mais libre e o mellor faltalle un poco de ritmo, pero o que si teñen e contido.
    Un Fraternal abrazo dende este curruncho que nos une.
     
    #3

Comparte esta página