1. Invitado, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Cerrar notificación

Avisos a un vello

Tema en 'Poemas Generales' comenzado por RONLIS, 9 de Agosto de 2011. Respuestas: 3 | Visitas: 696

  1. RONLIS

    RONLIS Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    31 de Julio de 2011
    Mensajes:
    286
    Me gusta recibidos:
    73
    Género:
    Hombre
    m[​IMG]

    AVISOS A UN VELLO

    Ven acó ti que contaches
    xa tantos anos na vida,
    tanto a dá te pegaches
    Cal nunca fose perdida.

    Mira ven istos despoxos
    nos que Deus che está falando,
    a morte van bos e frouxos
    e pra ti xa está chegando.

    Mira que son esas mans
    e mais o teu corpo enteiro,
    os osos parecen pans,
    o coiro o fol dun ferreiro.

    A gordura xa marchou,
    a cor vermella tamén,
    mais o esqueleto quedou
    pra que nel te mires ben.

    Mira as pernas tan cansadas
    xa de tanto traballar,
    son estacas espetadas
    que non podes arrincar.

    Se queres verte mellor
    colle un espello e verás,
    nin a cara nin a cor
    que tiñas anos atrás.

    E xa a vella primavera
    flores brancas che ven dar,
    nas cexas e perruqueira
    pra che dar máis que pensar.

    Os ollos tamén os tés
    aló no fondo das cuncas,
    anque os abras ben non vés
    senón borrós, letras xuntas.

    Porque o nervio tan cansado
    xa forza non pode dar,
    e ten que ser axudado
    por anteollos pra mirar.

    O tímpano dos oídos,
    tamén xa che se cansou
    E non aprega os ruídos
    como antes apregou.

    E da boca,¿ non estás vendo
    como xa che corre a baba
    na perola de longada,
    e os rapaces están rendo?.

    As moas xa che marcharon,
    mais os dentes pra comer,
    limpiña boca deixaron,
    solo papas poden ser.

    As fazulas afundidas,
    máis os veizos pra lo van,
    as queixadas máis saídas
    fanche fuciño de can.

    Mírate ben todo xunto,
    por dentro coma por fora,
    negro,feo, cal defunto,
    ¿Que me dirás ti agora?

    Contestación

    Son un traste xa comido
    polo mais fero verdugo,
    comeume cal un mendrugo
    o tempo que vai fuxido.

    Das cinco ducias subín,
    tamén chegaron meus pais,
    na sexta será o meu fin,
    porque nela morren máis.

    E máis se algún por fortuna
    desta se pode fuxir,
    non gaña cousa ningunha,
    daquela non é vivir.

    Por toda xente tirado
    no barranco do olvido,
    e coma un tronco podrido
    pra cova está preparado.

    Pros seus e ben mala carga
    que na levan sen rabiar,
    coidalo moito lla marga
    mais nos deixa traballar.

    Porque o vello sempre está
    sen descansar no xemido,
    xa non hai máis caridá,
    mellor e morto ca vivo.

    E véndose así deixado
    porque logo non morreu
    levanta os ollos o ceo
    chorando desconsolado.

    ¡Tantos anos meu Señor,
    sen de Ti me relembrar
    sendo sempre pecador!,
    ¿que fin eu podo esperar?.

    Vivindo sempre enredado
    en todás cousas do mundo,
    e dos preceutos deixado
    ¡como pois no me confundo!

    Se o ano me confesaba
    por forza teño dicir,
    os meus vicios eu tornaba
    sendo así o meu vivir.

    Se me poño a relembrar
    diante de noso Señor,
    na conta que lle hei de dar
    máis grande fai o meu dor.

    Pois de bo non teño nada,
    nin o tempo para xuntar,
    ¡A miña vida acabada
    que non podo remediar!.

    Refuxio Es do aflixido
    meu Divino Redentor,
    ¡dáme tempo por favor,
    que tan de veras cho pido!.

    Pra chorar de corazón
    nestes pequenos momentos,
    e coa máis grande contrición,
    recibir os sacramentos.

    E así cantar na gloria,
    para sempre o Teu favor
    pola Túa misericordia
    co máis grande pecador.

    RAMÓN L.SOUTO
     
    #1
    Última modificación: 21 de Enero de 2024
    A JOP PIOBB y (miembro eliminado) les gusta esto.
  2. JOP PIOBB

    JOP PIOBB Exp..

    Se incorporó:
    28 de Noviembre de 2008
    Mensajes:
    4.329
    Me gusta recibidos:
    41
    EXCELENTE POEMA. Te felicito, TE ESTRELLO Y TE REPUTO.
     
    #2
  3. Jorge Lemoine y Bosshardt

    Jorge Lemoine y Bosshardt MAESTRO

    Se incorporó:
    20 de Marzo de 2008
    Mensajes:
    109.934
    Me gusta recibidos:
    53.073
    Género:
    Hombre
    Te dejo mi palabra pero desgraciadamente no comprendo el idioma.
     
    #3
  4. RONLIS

    RONLIS Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    31 de Julio de 2011
    Mensajes:
    286
    Me gusta recibidos:
    73
    Género:
    Hombre
    Gracias Jorge por pasar una vez mas por mis versos. El poema es una alegoría al paso del tiempo y como el ser humano responde esa degradación del cuerpo
    Un abrazo amigo por pasar por mi poesía.
     
    #4

Comparte esta página