1. Invitado, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Cerrar notificación

Desde a gaiola

Tema en 'La Torre de Babel' comenzado por Meninha60, 8 de Septiembre de 2009. Respuestas: 3 | Visitas: 962

  1. Meninha60

    Meninha60 Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    10 de Agosto de 2009
    Mensajes:
    49
    Me gusta recibidos:
    4
    Desde a gaiola
    Nesta gaiola de ausencia
    encadeado á conciencia
    teño o corazón pechado,
    agardando,
    por se precisas saber
    se te cheguei a querer
    ou se a teima que me guía
    é unha paixón pasaxeira
    que troca con cada feira,
    que muda ó morrer o día.

    Acharte foi casualidade,
    coñecerte, unha ilusión,
    desexarte, unha tortura,
    posuírte, unha obsesión
    que me esperta cada día,
    que me persegue e me anula,
    coa que durmo sen saber
    se mañá, co amencer,
    verei a luz que me aluma.

    [FONT=Arial]E o tempo que vai pasando
    [FONT=Arial]encadeado á lembranza
    [FONT=Arial]de tanta paixón contida,
    [FONT=Arial]revólvese contra min
    [FONT=Arial]para amosarme que, ao fin,
    [FONT=Arial]só me cómpre nesta vida
    [FONT=Arial]un alento de tenrura,
    [FONT=Arial]un segundo de loucura
    [FONT=Arial]para bicarte a escondidas.

    [FONT=Arial]Pero ao mirar cara dentro
    [FONT=Arial]desta gaiola dourada,
    [FONT=Arial]vexo, con gran amargura,
    [FONT=Arial]unha sombra que me envolve,
    [FONT=Arial]unha imaxe que se volve
    [FONT=Arial]e, sorrindo con dozura,
    [FONT=Arial]dime colléndome a man:
    [FONT=Arial]“Abre o paraugas, María,
    [FONT=Arial]a ver se ao pasar o día,
    [FONT=Arial]se vai con el a negrura”.

    [FONT=Arial]E o tempo vai pasando
    [FONT=Arial]encadeado á lembranza
    [FONT=Arial]dunha paixón sen razón.
    [FONT=Arial]É posible que esta vida
    [FONT=Arial]non me dea o que lle pida
    [FONT=Arial]e, ao cabo, con tanto NON,
    [FONT=Arial]acabe por se apagar
    [FONT=Arial]a chama que está a alumar
    [FONT=Arial]este pobre corazón.[/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT][/FONT]
     
    #1
  2. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    [FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial][FONT=Arial]
    Querida Meninha, qué gran poema fixeches.
    Lembra moito a Rosalía...
    Saudiños, amiga, con estrelas que che poño neste fermoso poema.
    Xosé.[/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font]
     
    #2
  3. Alba clara

    Alba clara Poeta adicto al portal

    Se incorporó:
    30 de Mayo de 2008
    Mensajes:
    1.434
    Me gusta recibidos:
    73
    Pois si que escribes bonito, ten moita razón ó amigo Xosé lembras a Rosalía fermosísimo poema, felicidades e estrelas.
    Un bikiño, Alba
     
    #3
  4. Meninha60

    Meninha60 Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    10 de Agosto de 2009
    Mensajes:
    49
    Me gusta recibidos:
    4
    Grazas. Rosalía é... a mellor.
     
    #4

Comparte esta página