1. Invitado, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Cerrar notificación

MeniÑa

Tema en 'La Torre de Babel' comenzado por PITEIRA, 24 de Julio de 2012. Respuestas: 6 | Visitas: 937

  1. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Foi detrás da noite negra
    cos olliños bagoados,
    foi lembrando as amizades
    que no camiño quedaron.

    Aínda non ves, miña nena,
    non ves que alí te deixaron?
    No Camiño de Santiago
    nunca máis irán vagando.

    Foron marchando aos poucos
    sen adeus dicir sequera,
    sen dicir cousa ningunha...
    Ai meniña, miña nena!

    No camiño que ti levas
    hai fontiñas de auga fresca
    para a sede peregrina,
    para as ánimas sedentas.

    Non esquezas, queridiña,
    non esquezas os carreiros,
    as corgas, corredoiras,
    os amigos verdadeiros.

    Pois de ti foron compaña
    canda os luceiros do ceo,
    canda os grilos cantadores,
    meniña, doce amor meu.

    Vai detrás da noite negra,
    vai cos olliños cegando,
    co sorriso nos teus beizos,
    co corazón camiñando.

    Canta meniña, canta,
    que cantando vaise a pena,
    Canta meniña, canta!
    Ai meniña, miña nena!
     
    #1
    Última modificación: 27 de Julio de 2012
    A Mamen y (miembro eliminado) les gusta esto.
  2. pablo7972

    pablo7972 Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    9 de Mayo de 2012
    Mensajes:
    4.289
    Me gusta recibidos:
    881
    Débote dicir Ola en primeiro lugar, como galego que son, por atreverte a escribir estas liñas, que eu, dende logo, por non ser galegofalante, non me tivera atrevido.
    Por desgraza, pásanos moito o de errar o obxecto directo, que en galego non leva preposición. Non o tomes como unha crítica, senón como un apuntamento, que tal vez queiras corrixir.
    Serían:
    Foi lembrando os amigos - Non esquezas ... os amigos verdadeiros.
    Para diferenciar ves (do verbo vir) e ves (do verbo ver) debemos engadir o til no primeiro: Aínda non vés, miña nena.
    Sen dicir palabra algunha -> é un castelanismo, o correcto é dicir "Sen dicir palabra ningunha".
    Eso por conta dos últimos cursos feitos no meu traballo hai un ano, creo non equivocarme. De todos xeitos, certo é que as máis das veces falo castelán e podo estar igualmente errado.
    Pero o teu poema paréceme lembrar a mesma Rosalía de Castro, aínda que eu non son lector de galego.
    Dá a mesma impresión dunha moza facendo o percorrido do Camiño para esquecer, ou tentar de facelo, a aqueles que quixo, que xa non están porque a vida, polos seus recunchos, os afastou dela.
    Logo queda un sentimento triste e unha bagoa que custa afastar da meixela.
    Saúdos, compañeiro
     
    #2
  3. Mamen

    Mamen ADMINISTRADORA Miembro del Equipo ADMINISTRADORA Miembro del JURADO DE LA MUSA

    Se incorporó:
    17 de Diciembre de 2008
    Mensajes:
    24.011
    Me gusta recibidos:
    6.211
    Género:
    Mujer
    [FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia][FONT=georgia]


    Tu niña se va cantando,
    con risas desde el corazón,
    por el Camino de Santiago,
    mientras va leyendo este poema lleno de amor...
    Un placer haber pasado, un beso Xosé.[/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font][/font]
     
    #3
  4. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Moitas grazas, amigo. Como ves, cambiei algunha cousiña. Tes moita razón nas túas advertencias.
    Un saúdo.
    Xosé.
     
    #4
  5. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Gracias, Mamen. Tú siempre tan amable conmigo.
    Un besito.
    Xosé.
     
    #5
  6. Angel Felibre

    Angel Felibre Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    29 de Noviembre de 2009
    Mensajes:
    3.502
    Me gusta recibidos:
    91
    Xosé yo ya he leído lo correcto. Al traje no le falta pespunte. Estrellas.
     
    #6
  7. PITEIRA

    PITEIRA Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    15 de Marzo de 2009
    Mensajes:
    3.875
    Me gusta recibidos:
    247
    Gracias Ángel. Eran algunos errores, pero con el gallego normativo...aunque habÍa alguna razÓn de peso para que fuese corregido. TENGO QUE DECIR QUE ME AYUDÓ UNA BUENA AMIGA, UNA BUENA POETA GALLEGA QUE SABE MUCHO. ELLA ES CONCHA, DE NIC "MENINHA60". ESPERO PODER VERLA EN BREVE POR EL FORO.
    Un fuerte abrazo.
     
    #7
    Última modificación: 1 de Agosto de 2012

Comparte esta página