RONLIS
Poeta recién llegado
ADEUS A GALICIA
Chora por min Galicia
porque de ti eu me acordo
e relembra en min a morriña
e a saudade do meu corpo.
Enchido o peito coa pena
porque teño que fuxir
pra lonxe de ti naiciña,
pra lonxe de onde eu nacín.
E coas bagoas escorrendo
e cos ollos anubrados,
vou andando nos carreiros
a sombra dos teus carballos.
Vou pisando nesa folla
que abunda polos camiños,
¡ parece tamén que chora
porque se van os teus fillos!.
Ouvea o lobo na lontananza,
tamén vai berrando a andoriña,
parece unha pregaria
pra que me quede en Galicia.
E as silvas póñense diante
e cóllenme pola chaqueta,
¡ tampouco queren que marche,
da miña terra galega!.
Tamén os pinos vellos
tíranme piñas a min,
e dinme cos seus consellos,
¿por qué te marchas de aquí?.
Os eucaliptos tan grandes
dinme cheos de morriña,
¡non te marches emigrante
non te vaias de Galicia!.
Pero eu non podo quedar
onde está a miña familia,
non podo quedar no lar
que me deu a min a vida.
Porque teño que gañar
pra muller e máis pos fillos,
pra co dia de mañá
non vaian polos camiños
como estou indo eu agora
chorando coma un perdido,
por deixar aquí tan solos
a todos seres queridos.
Coa esperanza de volver
cando xunte pra vivir,
non penso nin en comer,
nin tampouco en durmir.
Cando os dias van pasando
acórdasme máis Galicia,
como a nai que está esperando
que lle volva aquí algún día.
E a todós sitios que vou
berro coa alma no peito,
enchido o corazón.
e con bágoas nos meus beizos.
Choro, porque me acorda,
un anaco da nación
que botou a homes fora,
por culpa da emigración.
Homes que traballaban
e que souberon calar,
marcharon onde estorbaban,
da súa terra, do seu lar.
Deixaron a súa familia,
que moita non verán máis,
porque se foron da vida
coas ganas de o abrazar.
Deixaron a mocidade
enterrada polo mundo,
non coñecen a saudade
que terían todos xuntos.
Veñen cos cartos gañados
pra dondos seres queridos,
pero moitos están mortos,
xa moi poucos quedan vivos.
¿De que lle valen os cartos?,
non ten con quen os gastar
e encontrase amargado,
¡porque volveu o seu lar!.
E porque perdeu nesta vida,
os seres do seu querer,
un anaco de Galicia,
que tiña, e que non ten.
Porque se foron da terra
tamén como se foi él,
pero con esa diferencia
de irse pra non volver.
Entón incha os pulmóns
e berra desconsolado,
¿por qué marchei donda vos?,
¿por qué me fun do seu lado?
E de seonllos na terra,
levanta os brazos en alto
e berra,berra e berra,
mirando pra todós lados.
Coma si o poideran oír
aqueles que xa morreron,
despídese deles así,
¡ co noso himno galego!.
E chorando o baixiño
pra que non poidan oír,
berra coma un rapaciño
pra que apreguen todos ben,
outros que coma él,
chegaron a súas casas
e viron a todos ben,
a todós que aquí deixaran.
E dilles pra que lle axuden,
pra que sintan a protesta,
e saiban que os que non morren
non marchan inda da terra,
sentindo moita ledicia
por vernos cerca dela,
berrémoslle os emigrantes:
¡viva a nosa Galicia
con razón ou sen ela,
e vivan os familiares
que temos todos na Terra!.
Ramón L. Souto
Última edición: