Eu vino

PITEIRA

Poeta que considera el portal su segunda casa
E vexo o tempo,
olla, olla ben.
Non o ves?
Aló, riba do pensamento,
trala mirada dos soños.
Aló, naquela artesa,
trala cociña, lonxe da brisa.
Non o ves?
Aló, no bruar dos carballos,

nos olores das xestas.
Eu vino,
olla…
Aló, tralas noites sen lúa,
noites pechadas dun inverno frío.
Olla, olla ben. Non o ves?
Fíxate ben!
Aló, nas pegadas do camiño,
nas rodeiras do carro,
nos xugos, nas cangas…
Aló, lonxe, moi lonxe,
nos prados, nos valados,
nos outeiros…
Aló, lonxe, moi lonxe,
aló o vexo,
aló, o tempo.

 
Última edición:
Xosé, esa mágica mirada que va más allá de todo, que trasciende, que cuelga sueños en el horizonte, ésa es la mirada que nos alimenta el alma!!!
PRECIOSO!!!
Besos,
Chiqui.-
 
¡¡¡ Qué bellísimo y original poema, Piteira !!!,
Mi dominio del gallego escrito es bastante limitado, mais digoche que ollei, ollei nos sitios que dis... e tamen o vin.

Unha aperta. MANUEL
 

MundoPoesía se mantiene gracias a la publicidad y al apoyo de nuestros Mecenas.

✦ Hazte Mecenas

Sin publicidad · Blog propio · Apoya la poesía en español

Atrás
Arriba