Lingua dos trobadores

Iván Medvédev

Poeta recién llegado
Lingua antiga e bela dos verdes outeiros
Nunha terra tan bela e vella creada,
Onde o vento musita nos bidueiros
E o día coroa unha tarde dourada...

Lingua antigua usada polos trobadores
Nesos moitos poemas excelsos plasmada,
Empregada polos xograres e polos cantores,
Polos condes e homes da corte falada;

Que xurdiu nos magnos castelos medievais
E nos moitos pobos solitarios e pobres,
Que foi forxada nos xeados litorais
E falada polos cabaleiros nobres...

Fala dunhos mariñeiros esforzados
Que xurdiu nas choiras verdecentes,
Son as tríbus celtas teus antepasados,
Fillo de guerreiros moi valentes.

Lingua vella e lírica de bela poesía,
Á túa beleza miña loor entrego,
Á túa antigüidade e a túa mestría,
Non cabe dúbida: é forte o galego!
 
Última edición:
Boa trova deixas loando a lingua e gente galega.

u_3b9709d7.gif
 
Moitas grazas! Gústame moito esta lingua tan poética e antigua, con tanta historia e de gran beleza.
Saúdos cordiais
 

MundoPoesía se mantiene gracias a la publicidad y al apoyo de nuestros Mecenas.

✦ Hazte Mecenas

Sin publicidad · Blog propio · Apoya la poesía en español

Atrás
Arriba