PITEIRA
Poeta que considera el portal su segunda casa
Andan os mortos no chan
berrando por se ceibar,
porque onte andaron por pan
andan os mortos no chan.
Inda que mortos están
non esqueceron loitar,
andan os mortos no chan
berrando por se ceibar.
As agochadas cunetas
agochan soños perdidos;
arelas enchen, inquietas,
as agochadas cunetas.
Dos loitadores poetas
que non serán esquecidos
as agochadas cunetas
agochan soños perdidos.
Nunha buraca perdida
na brétema do amencer
hai unha longa ferida
nunha buraca perdida.
Fóronlle morder a vida
e fixérono meter
nunha buraca perdida
na brétema do amencer.
Só son ósos enterrados,
é só lixo e nada máis.
Das memorias xa borrados,
só son ósos enterrados.
Así din os desalmados,
pérfidos, crueis e brutais:
só son ósos enterrados,
é só lixo e nada máis.
Contan as pedras a historia
dos que non poden falar,
dos que non queda memoria
contan as pedras a historia.
Miserias escriben, non gloria,
dos que adoitan non lembrar
contas as pedras a historia
dos que non poden falar.
Esquecer é unha condena
a repetir o vivido.
Por repetida é xa obscena:
esquecer é unha condena.
Mais cumpriremos a pena
do tópico coñecido:
esquecer é unha condena
a repetir o vivido.
berrando por se ceibar,
porque onte andaron por pan
andan os mortos no chan.
Inda que mortos están
non esqueceron loitar,
andan os mortos no chan
berrando por se ceibar.
As agochadas cunetas
agochan soños perdidos;
arelas enchen, inquietas,
as agochadas cunetas.
Dos loitadores poetas
que non serán esquecidos
as agochadas cunetas
agochan soños perdidos.
Nunha buraca perdida
na brétema do amencer
hai unha longa ferida
nunha buraca perdida.
Fóronlle morder a vida
e fixérono meter
nunha buraca perdida
na brétema do amencer.
Só son ósos enterrados,
é só lixo e nada máis.
Das memorias xa borrados,
só son ósos enterrados.
Así din os desalmados,
pérfidos, crueis e brutais:
só son ósos enterrados,
é só lixo e nada máis.
Contan as pedras a historia
dos que non poden falar,
dos que non queda memoria
contan as pedras a historia.
Miserias escriben, non gloria,
dos que adoitan non lembrar
contas as pedras a historia
dos que non poden falar.
Esquecer é unha condena
a repetir o vivido.
Por repetida é xa obscena:
esquecer é unha condena.
Mais cumpriremos a pena
do tópico coñecido:
esquecer é unha condena
a repetir o vivido.
Última edición: