1. Invitado, ven y descarga gratuitamente el cuarto número de nuestra revista literaria digital "Eco y Latido"

    !!!Te va a encantar, no te la pierdas!!!

    Cerrar notificación

poemas varios

Tema en 'La Torre de Babel' comenzado por whisper42, 16 de Noviembre de 2009. Respuestas: 6 | Visitas: 1313

  1. whisper42

    whisper42 Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    16 de Noviembre de 2009
    Mensajes:
    2
    Me gusta recibidos:
    0
    Teatro


    A densa neboada afogaba
    o claro deslumbrar das estrelas
    disipaba a tupida capa, gotiñas
    diminutas, frías.
    Dirixíase cara fogar de máscaras,
    templo de ilusións, guía cara o
    desamparo e a confusión entre
    o real e o imaxinario.
    O chirrido da porta, o vento,
    chocaba e molestaba os cabelos,
    o son produciulle un calafrío,
    os latidos aceleraron o ritmo,
    xa sentía a maxia, esta percorríaa.
    O lugar estaba moi escuro, abandonado,
    a madeira vella espertaba curiosidade,
    despedía ancianidade e experiencia,
    por ela pasou do pecado á santidade,
    todas falsas, tan só disfraces,
    enganos da mente, tan só simples
    papeis, como a vida mesma.
    Sobre o escenario un ollar penetrábaa,
    era inerte, ollar de carámbano,
    azul xélido, negro, da fouce da morte.
    capa caída, retirada sobre a palma.
    Pel fresca, boca refinada, como un presente,
    pérolas agochadas tras aquela silueta en sombra.



    Conto de Fadas


    Era un castelo abandonado,
    verdor cosido polas cadeiras,
    empurrando hacia dentro o mármore.
    Non había conde nin princesa,
    nin gato, nin rei,
    nin diaño, nin orquesta,
    estaba o recordo dun claro de verán,
    dunha noite estrelada, dun bico fugaz,
    dunha mirada perversa.
    Un conto de fadas agora despedido no aire.
    Co paso dos lustros a floresta enmudece,
    os regatos cégannos da tempestade
    os ancestros berran sen ser escoitados.


    Arame afiado


    Era coma unha inmensa rede de reixas,
    cravávanselle na pel, como as espiñas do salvador, do cordeiro.
    O sufrimento era pavoroso e a doce tortura do sangue salgado
    pintaba de roibo aquel féretro, oxidado de ferruxe permantente.
    O sabor percorríalle as pálpebras, que sumidas nun profundo sono
    clamaban a piedade do xélido aceiro.
    A agonía superábase, pouco a pouco afundía nun denso bosque
    ácido e rancoroso, ata niveis indesexables de odio benevolente.
    Os seus membros serían elevados cara o beixo da morte,
    seus poros recubertos dunha graxenta carapola de suor..
    menstruado con bágoas sinceras.
    Súas veas foron perdendo contacto, a gran flor, a rosa da vida
    esmurchaba a cegas, consumida por un lóstrego que a queimaba
    ata o infinito, nun inferno cruel mais xusto.
    Agora chegáballe o turno ao pescozo, non podía bramar ou berrar,
    un simple xesto ou xemido non era capaz de almacenar todas aquelas sensacións,
    non pagaría a pena sequera intentalo, rebaixarse a aquela desfeita barata,
    precoz e simple, puro froito do pecado do diaño.
    Lamentábase de agazapar importunios, de esconde-la man tras pór
    en mans do vento a ferramenta do pecado, de non pagar de vivo,
    para pagalo de morto.
    Todo condensado nun simple xogo de meninos cuxa base non é outra cá inxuria dos demais.
    Acaso temos que pagar pola dirección que tomou o noso sendeiro?


    Incendio


    Podíalo engulir cos poros,
    respiralo e chorar de desgusto,
    desvaecerse atormentado,
    arder nun souto de cinza,
    de ave fénix apagada
    por unha brisa outonal.
    Podías raspa-la terra estéril
    coa pel morta apegada as falanxes.
    Palpar cos labios,
    sorber as últimas pingas
    de humidade reseca.
    Fundi-lo paladar
    na sabia derretida e amarga
    dun carballo incendiado
    ata a última raíz.


    Nena pinchandose cunha rosa


    E alí estaba ela,
    plácida, conforme con todo,
    chuvia raspando a súa frente,
    sen impurezas, perfecta,
    elevou a súa face uns centímetros,
    inclinouse levemente, forzou o ollar
    unicamente coa razón de avistar
    nese avismo afuracanado,
    unha flor,
    entre todo ese caos,
    abriuse ao mundo, unha nova vida,
    unha maneira distinta de ver o mundo,
    a través de pétalos, que pronto
    cerrarían para protexerse
    do rocío da noite de verán fresco.
    Desprendía aroma exótico
    aquela obra alocada da man de Deus,
    deslizábase sixilosamente do desamparo,
    cuberto do incógnito no descoñecemento
    naquel verdor acosadamente afumado,
    destacaba entre a fealdade inmunda,
    era o seu medio, a súa supervivencia.
    Ela agarrouna, pero un picor esquivo
    afogouna nun sono definitivo,
    o veleno da inocencia cubríaa,
    percorreuna entre as suas veas,
    sumiuna nunha pandemia de palabras
    ao plácido, orgásmicamente,
    trazando o perfil erótico completo,
    a atracción impasible ante todo,
    a selección das mellores estreladas,
    seducida polo exterior, adornándoa,
    Desplomouse derreada e conforme.
    A chuvia raspaba a súa frente.













    Quérote


    Unha silueta dourada,
    vagaba sen rumbo, hacia ningures,
    o horizonte perdíase ao lonxe,
    non tiña final, un infinito
    de tons terrosos e apagados,
    un coro de fermosura,
    unha eclipse atrapada en si mesma.
    Cuberta de seda suave ao tacto,
    un pano de titáns,engano de parvos,
    un perfume encantado, unha xoia
    das que se desfán nas mans,
    deixando cicatriz.
    Un sopro de felicidade
    incomprendida, pero real,
    sen sentido.
    Un quérote dos de verdade,
    non un falso, de plástico barato
    reproducible, intercambiable,
    de adorno.
    Un cariño gravado na memoria,
    para sempre sen esquecemento,
    dúas mans enredadas incómodamente,
    un vacío temporal na mente,
    a síntese da sinceridade
    e o namoramento a través de palabras
    casuais e
    bonitas?



    Náufrago

    Mariñeiro sen destino,
    náufrago no tempo,
    pensador da lúa crecente
    etre a lucidez dos astros.
    Aniquilado na marea poeirenta,
    sen piedade, axusiticiado,
    rematou a vida entre cadeas,
    sobre a colina violeta
    ninguén o lembrou, se apiadou
    da súa alma esquecida
    nunha illa afundida,
    un tesouro sumerxido,
    endexamáis atopado.








    Oda á tormenta


    Escribo isto á luz dunha sinxela vela verde tristón,
    Pousada sobre un tarro de barro barato,sobre unha mesa de mármore
    E cunha gran treboada azotando os vidros da estancia,
    Producindo un ruído devastador que fai tremer o meu nervoso e novato pulso.
    O vento deslízase nun silbido constante, que mesturado con estas bágoas salgadas,
    Fai surxir en min unha sensación pavorosa e desgratificante.Aínda estando protexido
    Das súas garras, un medo constante percórreme a ingua, facéndome tremer desproporcionalmente, sendo xustificado o meu pavor dadas as circunstancias.
    O sublime fume encerado embriágame, é lixeiramente perfumado, mais non embota o meu sentido olfactivo.
    Un lóstrego encárase contra min, deslúmbrame a face fugazmente, cegándome de toda visión por uns instantes.
    Agora percibo o frío da pedra sobre as falanges desgastadas polo suor destintado sobre a miña pluma orgullosamente esvaradiza. Aventurei a erguerme e camiñar uns pasos, sorprendeume o son acartonado dos meus zocos, case de todo menos lixeiros e esbeltos.
    Ao asomarme pola balconada acristalada, un trono deslumbra todo a quilómetros á redonda, deixando ver por uns instantes todos os destrozos causados polo fenómeno.
    Estou tentado de prenderlle lume a esta carta deixada da man de deus e profanada polo mesmo diaño, mais o espírito prohíbemo terminantemente.


    Porcelana destintada


    Monequiña de porcelana,fráxil e peiteada,
    meleniña dourada,agocha o teu rostro tétrico
    na túa enmarañada máscara de olvido cruel e despiadado.
    Todos sabemos que tras esa cariña feliz,
    es un monstro asqueroso,que nos odias a todos,
    que rezas para quealgún día nos vexamos
    sometidos ás peores torturase masacres da humanidade,
    no fondo es puta,es escoria, agochada
    en beleza idealizada, tan falsa como a túa alma,
    podre por dentro, dasme repulsas,
    pero no fondo, quero ser coma ti,escandalizada de todo,
    despreocupada do mundo,sobre unha estanteria esquecida,
    envolta en teas de araña, admirable,
    como es capaz de conservar aínda esa risiña inocente?



    Ludópatas


    Aire sobrecargado no taboleiro,
    O ambiente esta escaldado,
    engurras amargadas, dentes negros,
    mais que fala, gruña furiosa duns,
    risada escandalosa doutros.
    Ludópatas empedernidos,
    Sen pelo, suados nos ombreiros,
    Chaqueta de coiro, das caras,
    Distantes por dentro, entregáronse
    Á falsedade do xogo,
    Á inmundicia, plantexáronse a vida
    Desde o outro lado, o lado da tacañería
    Superficial.
    Que fundan os iates, que morra a fala!
    Que se rebelen os servos, fuxan!
    Deixalos nadar nun mar de diñeiro,
    Encerrados, felices, ata que lles saia
    Polas concas dos ollos a tinta do dólar.



    Quero bicarte como o fan nos grandes filmes

    Un piano carcomido resopra un pranto depresivo,
    Mans pálidas presionan as súas teclas,
    Vertixinosamente, con énfasis, sutil e emocionante,
    Os dedos fúndense lentamente, rabiosos,
    Resona en toda a sala a paixón, o sentimento,
    a frustración.
    Sentíame patético baixo a chuvia,
    A pintura negra esvarabame dos ollos á meixela,
    Deixaba un rastro de melancolía,
    Unha bágoa negra e solitaria, un río de tinta,
    nun val sombrío.
    Enterro os xeonllos na lama mollada,
    Choro de desesperación, grito, pero ninguén me escoita,
    Tan só ti, cóllesme da man e suavemente,
    Axúdasme a erguerme, aprecias a miña maneira de ser,
    Aproxímaste e regálasme un bico desde a alma,
    Desde o fondo do teu ser, coa chuvia ás costas,
    Co remorso doído na mirada, con medo de fallar,
    Como nos grandes filmes..

    I want to kiss you like they do in the movies.





    Gata


    Rabuña forte, gata, ollos de fósforo, pico de lata,
    Craba a garra ben fondo, ata que escorra o sangue morno
    Por entre os teus colmillos picados.
    Maúlla e ódianos, que te escoitarán no umbral de mel prensada,
    Eres libre e guerreira, e o axóuxere dos teus bigotes
    Axítase sen remorso para atraer á túa triste présa,
    Animal de ledicia, lamerás depravada as crueis gadoupas,
    As mesmas cas que te atraparán na noite,
    Ao verte reflexada nunha casa encantada,
    Curtindo a túa pel prateada á luz da lúa chea.





    Pregunta


    A pregunta evaporouse
    E formou unha nube tormentosa
    Elétrica e patética
    Foi como o fume flotando sen dirección
    Reflectindo vacíos insondables
    Enchendo ocos de fume
    Deixando unha espera no mar
    E un saúdo no abismo
    Unha partícula de miseria no miserable
    Suturando abertos con fío de cobre
    Unha canción sen melodía
    Catro berros facendo sinfonía
    Un ollar inmundo que exasperaba sen razón
    En busca da perfección inalcanzable por algo como aquilo,
    Que non remataba por ser perfecto.

















    Lago de mercurio


    Subliñaban as mareas cun zumbido relaxante,
    Preguntábanlle ó vento i el respondía
    Cunha brisa mariña que taponaba os oídos con sal aguado,
    Deixaba un sabor a nube sobrecargada no paladar,
    Complementándose ca armonía atonal da soidade
    Naquel buque de estrelas.
    Paseaban as velas arriba do mercurio,
    Viraban a cegas, mantortas en diagonal,
    O temón era un estalido de madeira húmida
    Que raspaba as cordas con punzón.
    Un raíl dislocado fóra de coordenadas,
    Unha torre de Pisa, imprecisa,
    Pero en todo o seu esplendor.
     
    #1
  2. hectormaxx

    hectormaxx Moderador de FORO de GENERALES

    Se incorporó:
    26 de Agosto de 2007
    Mensajes:
    10.012
    Me gusta recibidos:
    468
    #2
  3. Ciela

    Ciela Poeta veterano en el portal

    Se incorporó:
    1 de Diciembre de 2005
    Mensajes:
    13.162
    Me gusta recibidos:
    221
    Género:
    Mujer

    Bienvenido a Mundo Poesía, un portal hispanohablante para publicar -precisamente - poemas en idioma español. Por ello moveré tu trabajo al foro correspondiente. También es importante que edites tus entregas una a una, no varias al mismo tiempo.

    Por lo demás, quedo a la espera de tus versos en el idioma indicado y ojalá disfrutés de tu participación en el foro.

    Un saludo afectuoso desde Buenos Aires.
     
    #3
  4. whisper42

    whisper42 Poeta recién llegado

    Se incorporó:
    16 de Noviembre de 2009
    Mensajes:
    2
    Me gusta recibidos:
    0
    RESPUESTA: Cuál es el foro correspondiente? y en otros casos, en que otros foros puedo publicar mi obra en gallego? no hay ninguna seccion para otros idiomas similares, o algo parecido?
    un saludo afectuoso
     
    #4
  5. Ciela

    Ciela Poeta veterano en el portal

    Se incorporó:
    1 de Diciembre de 2005
    Mensajes:
    13.162
    Me gusta recibidos:
    221
    Género:
    Mujer


    El foro correspondiente es éste mismo. Fijáte que ya está ubicado en LA TORRE DE BABEL.

    http://www.mundopoesia.com/foros/la-torre-de-babel/

    Tu obra en gallego también tendrás que ubicarla en dicho foro. Lástima que no la voy a entenderrrr... buahhhhhhhh.


    Un abrazo desde Buenos Aires, Whisper.
     
    #5
  6. Pemberley Winter

    Pemberley Winter Poeta asiduo al portal

    Se incorporó:
    18 de Octubre de 2009
    Mensajes:
    376
    Me gusta recibidos:
    5
    Well....I liked it, I absolutley agree with Hector saying that it was quite hard to understand the entire words, but in generally was really nice!, congratulations, greetings!, Pemebrley
     
    #6
  7. Angel Felibre

    Angel Felibre Poeta que considera el portal su segunda casa

    Se incorporó:
    29 de Noviembre de 2009
    Mensajes:
    3.502
    Me gusta recibidos:
    91
    Whisper, encantado de haberte leído a pesar de no comprender alguna palabra. Sigue por aquí. Un abrazo.
     
    #7

Comparte esta página