moles
Miembro del Jurado.Moderador Poesía/Prosa Amor
Miembro del equipo
Moderadores
Miembro del JURADO DE LA MUSA
A mi buen amigo Efrén.
SEMPRE GALICIA
Vin as terras de Galicia
cando chegou a mañá
co toque dunha campá
en Lugo e súa luz propicia.
Tiven a suave caricia
do orvallo na minha fronte
e ao cruzar unha ponte
unha gaita xeitosiña,
e máis lonxe tamén tiña
Compostela no horizonte.
Tiña A Coruña na man,
a Praza de María Pita,
e alí o vento que recita
versos que veñen e van.
Co seu cálido verán,
tiven Ourense e O Miño,
tiven as néboas de armiño
na estrada de Pontevedra,
a paz dunha cruz de pedra
que me guiou no camiño.
E co adeus dun amigo
que me acolleu na Mariña,
indo preso da morriña
cheguei á Ría de Vigo.
E dende entón xa comigo
teño moi profundamente
o desexo vivo, urxente,
de emprender novas viaxes
para volver ás paisaxes
que gardo na miña mente.
Salva Glez. Moles.
2024.
SEMPRE GALICIA
Vin as terras de Galicia
cando chegou a mañá
co toque dunha campá
en Lugo e súa luz propicia.
Tiven a suave caricia
do orvallo na minha fronte
e ao cruzar unha ponte
unha gaita xeitosiña,
e máis lonxe tamén tiña
Compostela no horizonte.
Tiña A Coruña na man,
a Praza de María Pita,
e alí o vento que recita
versos que veñen e van.
Co seu cálido verán,
tiven Ourense e O Miño,
tiven as néboas de armiño
na estrada de Pontevedra,
a paz dunha cruz de pedra
que me guiou no camiño.
E co adeus dun amigo
que me acolleu na Mariña,
indo preso da morriña
cheguei á Ría de Vigo.
E dende entón xa comigo
teño moi profundamente
o desexo vivo, urxente,
de emprender novas viaxes
para volver ás paisaxes
que gardo na miña mente.
Salva Glez. Moles.
2024.